Sunday 28 de April de 2024

O sábado celébrase o acto de inauguración da escultura en homenaxe ao Profesorado, en Mera


O próximo sábado 4 de marzo, ás 13:00 horas, terá lugar o acto de inauguración da escultura de homenaxe aos mestres e mestras. Será en Mera, na rúa das Escolas, na confluencia coa rúa Eduardo Galeano, na nova urbanización do centro da localidade.

Será un acto aberto á participación de toda a veciñanza e contará coa intervención do alcalde, Ángel García Seoane.

Desta maneira o Concello dedicará unha estatua de pedra ao profesorado, creada por Francisco Escudero. Trátase dunha homenaxe permanente á docencia, imprescindible na construción dunha sociedade democrática, libre e educada.